Efialtes encadea a un banqueiro

Efialtes encadea a un banqueiro

Efectivamente, visto que a Administración de xustiza (con minúsculas xa…) non axuda a facer Xustiza con maiúsculas, decidín actuar en solitario. Para acadar ao meu obxectivo, só precisei poñerme na pel do individuo en cuestión cumprindo condena por estafa aos seus clientes na sucursal bancaria da que fora director, asunto éste sobre o que existe documentación dabondo con casos espallados por toda a nosa xeografía. E o resultado é unha serie de imaxes consecutivas acompañando un breve texto no que o xa ex-banqueiro láiase da súa estadía na cadea. Xulgade por vós mesmos esta fábula do banqueiro encadeado titulada ‘Operativa’ (término que os Bancos empregan para referirse ás súas operacións). O lugar e a ocasión para difundir a ‘nova’ víu da man do ‘I Concurso de Narración Fotográfica Dra. Susana Santeiro’, que manterá expostas as obras participantes na Casa das Artes de Vigo (Pontevedra) ata o 8 de xaneiro de 2016. Se decidides visitar a exposición, poderedes votar para escoller a obra que máis vos guste e galardoala co premio do público. ——————– Efialtes encarcela a un banquero  Efectivamente, visto que la Administración de justicia (con minúsculas ya…) no ayuda a hacer Justicia con mayúsculas, decidí actuar en solitario.  Para alcanzar mi objetivo, sólo necesité ponerme en la piel del individuo en cuestión cumpliendo condena por estafa a sus clientes en la sucursal bancaria de la que fuera director, asunto éste sobre el que existe abundante documentación con casos esparcidos por toda nuestra geografía.  Y el resultado es una serie de imágenes consecutivas acompañando un breve texto en el que el ya ex-banquero se lamenta de su estancia en...